Tuesday 07 de May de 2024

A Exposición “Mestura” exhibe a obra de cinco artistas na galería O Faiado


Numerosos asistentes acudiron á galería O Faiado con motivo da inauguración da exposición “Mestura”, incardinada dentro da programación das festas de Riveira.

Cinco son os artistas que a integran: Gerardo Crusat, Emilio Celeiro, Xoán Fernández, Pedro Bueno e Tino Canicoba. Todos eles a excepción de Fernández (que non puido acudir ao acto por cuestións persoais) explicaron nas súas intervencións os seus respectivos estilos e os motivos que os inspiran. Tamén falaron os concelleiros Antonio Freire e Víctor Lampón e a responsable da galería, Eugenia Gómez.

Entre os asistentes acudiron moitos artistas da bisbarra como Maralla, Antonio Pérez, Paco Casal, Manuel Ayaso, Alfonso Costa, Fernando Rei, Carmen Sampedro ou M. Cartea.